Saturday 04 de May de 2024

Ana María López inicia unha nova etapa en Cariño poñéndose ao día da situación interna do Concello


• A nova rexedora destaca a “predisposición” do persoal técnico municipal para axudar a arrincar o mandato, que definirá o seu equipo de goberno nos próximos días.

Ana María López xa aterrou no Concello de Cariño, no que é o comezo de nova etapa no goberno municipal. A nova rexedora traballa intensamente desde a mañá de luns para poñerse ao día da situación interna do Consistorio, para establecer a realidade sobre a que arrincará o mandato.
A rexedora ten previsto definir co seu grupo político o equipo de goberno que traballará durante o próximos catro anos para ofrecer aos veciños un “cambio real” e “acabar co abandono por parte do Concello”.
Neste sentido, unha das súas prioridades será reducir de maneira drástica as listas de espera dos Servizos Sociais para ofrecer a atención necesaria ás persoas dependentes do municipio.
A maiores, nestas primeiras horas, a alcaldesa destacou a “predisposición” do persoal técnico municipal para axudar a arrincar este mandato nestes días iniciais nos que a alcaldesa “acelerará” para obter unha foto fixa e concreta desde a que iniciar o citado cambio.